A Ley 13/1991, do 9 de decembro, de tasas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.
José Manuel Romay Beccaría
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
Control de calidad en mamografía2.500 pesetas
8098