Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización primeiro tramo da primeira travesía á rúa da Estrada, promovido mediante iniciativa particular por B.B.T., S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti,

con visado colexial de datas 13-12-1994, 2-3-1995 e 4-5-1995.

Segundo.-Someter a información pública o proxecto aprobado e o expediente tramitado, por un prazo de quince días, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, un dos periódicos de maior circulación dela de taboleiro de anuncios da Casa do Concello, computándose tal período desde a inserción do anuncio no diario oficial autonómico, notificándose individualmente ós propietarios afectados.

Terceiro.-A entidade promotora constituirá en arcas municipais con carácter previo á aprobación definitiva do proxecto, en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local, unha fianza en contía de 296.270 ptas., en garantía da adecuada urbanización e conexión cos servicios xerais, cedéndose o vial en escritura pública a este concello, sen prexuízo do dereito de ocupación para a execución da urbanización».

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 30 de novembro de 1995.

José Benito Suárez Costa

Alcalde Acctal.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

7745