Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión ordinaria celebrada o día 30 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas complementarias e subsidiarias deste municipio na parcela onde se encontra o Instituto de Ensino Secundario e Profesional (IESP).

Polo que en cumprimento do disposto no R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese o expediente a información pública nas dependencias municipais (rúa Afonso VII, 31-1º), durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no BOP de Lugo, co obxecto de que os interesados poidan examina-la citada documentación e presenta-las alegacións oportunas mediante escrito dirixido á alcaldía-presidencia.

Mondoñedo, 4 de decembro de 1995.

Xusto Fernández Haro

Alcalde en funcións

9508193