Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/Cidade de Viveiro 4-1º Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. edificio Construccións Fontela-Camiño de Romai-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea, con cable de 1x150 mm Al, designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 240 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000/398-230 V ± 5%, para dar servicio eléctrico o edificio Construccións Fontela en Camiño de Romai en Lugo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 13 de novembro 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-7968