Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4329 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro-Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. para Instituto en San Cibrao-Cervo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con unha lonxitude de 147 metros, e con cable D.H.V. 15/15 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000/398-230 ± 5%, para dar servicio eléctrico ó Instituto de San Cibrao, no concello de Cervo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 8 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7971