Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.378

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL-DIRECCIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN de reclamación de débeda.

En cumprimento do establecido no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á publicación da seguinte resolución de reclamación de débeda en concepto de liquidación de capital custo:

Empresa responsable: Pesquería Alborada, S.L.

CIF: B15384324; CCC: 15/685.301-13

Traballador: José Ageitos Ventoso

Capital custo: 5.271.403

Xuros de capitalización (4%) desde 20-5-1994 ata 1-6-1995: 227.241

(Art. 86.2º Real decreto 1517/1991 e Orde 23-9-1985, BOE do 25-10-1991 e 30-9-1985)

Líquido para ingresar: 5.489.923 ptas.

Conforme o establecido nos artigos 86.2º do Real decreto 1517/1991, do 11 de outubro (BOE do 25-10), polo que se aproba o regulamento xeral de recadación dos recursos do sistema da Seguridade Social, e 99.1º e 100.1º e 2 da Orde do 8 de abril de 1992 (BOE do 15-4), de desenvolvemento do dito real decreto, e dado que foi declarada a responsabilidade desa empresa respecto do aboamento de pensión, en reso

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

lución administrativa dictada pola Dirección Provincial do Instituto Social da Marina da Coruña, con data 12-7-1994, notifícaselle a reclamación arriba descrita, segundo nota de cálculo actuarial que se achega á presente resolución, e o importe desta deberá ingresarse en calquera sucursal da Caixa Postal de Aforros, para o seu aboamento na conta nº 2.923.804, aberta a nome da Tesourería Xeral da Seguridade Social- Recursos diversos centralizados, no prazo de quince días hábiles a partir da recepción da presente reclamación, presentando para tal efecto o modelo TAT-8 que se xunta por triplicado, e un destes exemplares rógase que que o devolvan a esta Tesourería Xeral coa dilixencia de pagamento.

En caso de non pagamento no prazo indicado, incrementarase o seu importe cunha recarga de mora do 20% se se pagase dentro dos dous meses seguintes e, no seu defecto, iniciarase a vía de constrinximento cunha recarga do 20% e as custas ás que haxa lugar, conforme os artigos 87 e 100 do regulamento e orde citados, para o que esta reclamación de débeda constitúe título executivo suficiente.

Faise expresa advertencia de que, no prazo dun mes, poderá interporse recurso ordinario ante o director xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, de acordo co disposto no artigo 31.3º da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada polo artigo 29 da Lei 42/1994 (BOE do 31-12-1994).

A interposición do recurso non suspenderá o procedemento recadatorio, salvo que se garanta con aval suficiente ou se consigne o importe da débeda ( artigo 30.4º da Lei xeral da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994).