Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración que se cita (expediente número 57/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, mediante procedemento aberto, o seguinte concurso público para a adxudicación da subministración que a continuación se relaciona:

Obxecto: equipo de cultivo celular (expediente número 57/1995).

Orzamentos de licitación e prazos máximos de entrega: expediente número 57/1995, 2.850.000 ptas. IVE incluído, corenta e cinco días.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pregos de cláusulas: tódolos interesados podrán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazos de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo día natural ás 14 horas.

Apretura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, r/ Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado, terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que hai que subministrar.

Relación das principais subministracións efectadas durante os tres últimos anos; indicarase o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados e incorporaranse os correspondentes certificados sobre estes.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción destes.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 29 de novembro de 1995.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-08135