Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN da presidencia.

No Diario Oficial de Galicia nº 228, do 28 de novembro, publícase resolución desta presidencia anunciando o concurso público para a fabricación e subministración de dúas alfombras destinadas á decoración e ornamentación do salón de sesións e vestíbulo principal do edificio do Parlamento de Galicia, e ábrese un prazo de 26 días naturais para a presentación de proposicións, que remata o próximo día 24 de decembro.

Tendo en conta que este día e o seguinte son inhábiles, ó abeiro do disposto no artigo 48.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, esta presidencia

RESOLVE:

Prorroga-lo prazo de presentación de proposicións ata o día 26 de decembro ás 18.30 horas.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

95-8124