Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 novembro de 1995 de corrección de erros da do 26 de xuño de 1995, pola que se autoriza provisionalmente o centro autorizado de música Coppelia a imparti-las ensinanzas de grao medio de música establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

Advertida omisión na devandita Orde do 26 de xuño de 1995, publicada no DOG nº 143 do 27 de xullo de 1995, cómpre face-las oportunas rectificacións:

Na páxina 5.952, segunda columna, hai que engadir:

Terceiro: o centro mencionado queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio de música superior de Vigo.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-7896