Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de outubro de 1995 pola que se autoriza o cambio de domicilio, por traslado de instalacións, e o cambio de denominación do centro privado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira (A Coruña), do que os demais datos se relacionan no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira

(A Coruña), en solicitude de cambio de domicilio, por traslado de instalacións, e cambio de denominación do dito centro.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 30 de maio de 1974, a clasificación condicionada para 8 unidades de educación xeral básica e 3 unidades de educación preescolar.

Vistos o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro (BOE do 8 de marzo), o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o artigo 14º.3 do Decreto 133/1995 establece que: «o cambio de domicilio dun centro concertado, se non se modifica a área de influencia do mesmo e se manteñan as condicións de atención ó mesmo grupo de poboación escolarizable, non implicará modificación do concerto suscrito».

Considerando que o centro que se expresa, á vista dos informes emitidos pola Unidade Técnica e Inspección de Educación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e de acordo coas disposicións vixentes na materia, acredita cumpri-los requisitos establecidos para o efecto.

Esta consellería,

DISPÓN:

1º.-Concede-la autorización definitiva por cambio de domicilio ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde.

Excepcionalmente, e mentres non se extingan as ensinanzas de educación xeral básica, o centro poderá seguir impartindo as ditas ensinanzas.

2º.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado concertado Bayón-Uxía-Teide de Ribeira (A Coruña) pasando a denominarse Bayón.

O cambio de denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 23 de octubre de 1995.

Jduan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Concello: Ribeira.

Localidade: Ribeira.

Enderezo: Cubeliño, 33.

Denominación: Bayón.

Titular: Enseduca, Sociedad Anónima Laboral.

Nivel: educación infantil.

Transformación e clasificación definitiva para 3 unidades de educación infantil-2º ciclo.

Nivel: educación primaria.

Transformación e clasificación definitiva para 6 unidades de educación primaria.

8035