Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.346

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de novembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 11 de setembro de 1995 (DOG nº 185, do 26 de setembro), a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 252/1994, do 29 de xullo, e na Orde do 11 de maio

de 1995, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 11 de setembro de 1995 (DOG nº 185, do 26 de setembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

No suposto de que obteña destino un aspirante pertencente a outras administracións públicas, o seu cesamento deberá levarse a cabo de acordo coa lexislación da súa Administración de procedencia e quedará na situación que proceda, de acordo coas súas normas específicas.

A aquel funcionario de carreira da Administración do Estado que resulte seleccionado seralle de aplicación o disposto no parágrafo segundo do artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de febreiro (BOE nº 14, do 16 de febreiro), para o que se require, en consecuencia, o informe favorable do departamento en que presta os seus servicios. De non emitirse o dito informe no prazo de quince días, este considerarase favorable.

Así mesmo, no suposto de resultar seleccionada algunha persoa que teña a condición de persoal estatutario do sistema nacional de saúde en propiedade, será declarada polo organismo competente ou ben na situación de excedencia especial en activo, prevista no artigo 13 do Estatuto xurídico do persoal médico da Seguridade Social, ou ben na situación de excedencia especial prevista no artigo 34 do e Estatuto de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995.

Xosé Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto de traballo: director de Xestión e Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Nome e apelidos: Purificación Amparo Besteiro Fernández

DNI: 33.852.595

95-7874