Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.346

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de novembro de 1995 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire a orde pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

En cumprimento do disposto no apartado décimo sexto da Orde do 10 de novembro de 1995, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 17) o día 29 de novembro de 1995, na Sala de Xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada orde. Conforme o resultado do dito sorteo a orde de desempate a puntuacións iguais dos participantes no concurso de traslados será en primeiro lugar a letra G e no segundo a P.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-7997