Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.283

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza 1307/1995 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito Real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela de data 5 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: psicobioloxía.

Praza nº 1307/1995.

Comisión titular.

Presidente: Dionisio Pérez y Pérez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Ignacio Morgado-Bernal, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal 1º: Antonio Guillamón Fernández, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal 2º: Jorge Luis Arias Pérez, titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal 3º: José Francisco Navarro Humanes, titular de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente.

Presidente: Santiago Segovia Vázquez, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal secretaria: Mª Aranzazu Azpiroz Sánchez, titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocal 1º: Vicente Simón Pérez, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vocal 2º: María Dolores Pérez Raya, titular de universidade. Universidade de Granada.

Vocal 3º: Mª Cruz Rodríguez del Cerro, titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.