Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de decembro de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal funcionario e laboral do complexo hospitalario da Deputación de Pontevedra, con motivo da folga convocada desde as 22 horas do día 11 de decembro de 1995 ás 22 horas do día 13 do mesmo mes.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inadiable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e diante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal funcionario e laboral do complexo hospitalario da Deputación de Pontevedra, con motivo da folga convocada dede as 22 horas do día 11 de decembro de 1995 ás 22 horas do día 13 do mesmo mes, sen que puidera ser oído o comité de folga, como dispón o artigo 3 do Decreto 155/1988, de 9 de xuño, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, por incomparecencia daquel pese a ser citado en legal forma, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A convocatoria de folga, desde as 22 horas do día 11 de decembro de 1995 ás 22 horas do día 13 do mesmo mes, que afecta o persoal funcionario e laboral do complexo hospitalario da Deputación Provincial de Pontevedra, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínímos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada

cobertura dos servicios do complexo hospitalario, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios do complexo hospitalario, que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantense a porcentaxe de servicios mínimos, arredor do 40% do cadro de persoal do complexo, coa finalidade de garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode adiarse sen consecuencias negativas ou incluso con desenlace fatal para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos fixados, pódense sinala-los seguintes criterios rectores da súa determinación:

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inadiable.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención idefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo atenderanse as consultas dos pacientes desprazados.

V. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias:

* Persoal sanitario non facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inadiable.

-Atención ós paritorios.

II. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito de consultas, estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

-Apoio á atención das consultas ambulatorias nun 25% do cadro de persoal habitual.

IV. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

V. Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálise: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados:

* Persoal non sanitario:

I. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

II. Servicio de admisión: un número equivalente ó dos domingos ou festivos.

III. Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por cento e ata un máximo do 50% do cadro de persoal.

IV. Servicios de mantemento: un número equivalente ós de domingos ou festivos.

V. Servicios de lavandería: ata o 50% do cadro de persoal.

VI. Hostelería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos, ou ben un 60% do cadro de persoal, segundo as necesidades de cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio, servirase, con caracter xeral, un único menú ós doentes que non requiran dieta médica especial.

VII. Telefonía, portería y ordenanzas: o mesmo número do cadro de persoal de domingos ou festivos, cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

VIII. Servicios administrativos:

-De persoal: ata o 40%.

-De aproveitamento: ata o 25%.

IX. Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente cos domingos ou festivos.

Con tales premisas determínase nos anexos desta resolución, por hospital e áreas de traballo o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotarorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será

feita pola dirección do complexo hospitalario, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais par os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I: desde as 22:00 do día 11/12/95 as 22:00 do día 12/12/95

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.232
PEDIATRIAAUX.ENFERM.232
AX.SANITAR.010
A.T.S.000
PSQUIATRIAAUX.ENFERM.222
AX.SANITAR.011
A.T.S.244
URXENCIAS-UCEAUX.ENFERM.133
AX.SANITAR.344
A.T.S.222
U.C.I.AUX.ENFERM.122
AX.SANITAR.011
A.T.S.244
CIRURXÍA I E IIAUX.ENFERM.243
AX.SANITAR.022
A.T.S.242
TRAUMATOLOXÍAAUX.ENFERM.142
AX.SANITAR.021
A.T.S.232
CIRURXÍA, III, ORI., OFT.AUX.ENFERM.132
AX.SANITAR.010
A.T.S.232
UROLOXÍA, DERMA., DIXESTIVOAUX.ENFERM.132
AX.SANITAR.011
A.T.S.464
M. INTERNA I E IIAUX.ENFERM.364
AX.SANITAR.021

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.272
QUIROFANOS E ESTER. 3 FUNCION ANTES.AUX.ENFERM.171

AX.SANITAR.031
A.T.S.030
CONSULTAS EXTERNASAUX.ENFERM.060
AX.SANITAR.020
A.T.S.020
HEMODIALISEAUX.ENFERM.010
AX.SANITAR.000
A.T.S.010
FARMACIAAUX.ENFERM.031
AX.SANITAR.020
A.T.S.222
TOCOXINECOLOXIAAUX.ENFERM.122
AX.SANITAR.011
MATRONAS111
A.T.S.050
LABORATORIOSAUX.ENFERM.020
AX.SANITAR.010
T.E.I.182
A.T.S.131
BANCO DE SANGUEAUX.ENFERM.000
AX.SANITAR.010
T.E.I.010
A.T.S.000
RADIODIAGNOSTICOAUX.ENFERM.010
AX.SANITAR.031
T.E.R.141

HOSPITAL PROVINCIAL

FACULTATIVOS EN SERVICIOS MÍNIMOS

SERVICIO22-0808-1515-22

URXENCIAS262
UCI-REA.-ANEST.343
CIRURXÍA232
TOCOXINECOLOXÍA222
TRAUMATOLOXÍA232
OFTALMOLOXÍA111
O.R.L.111
ESTOMATOLOXÍA000
UROLOXÍA111
MED. INTERNA252
DERMATOLOXÍA111
HEMODIALISE010
PEDIATRÍA121
PSIQUIATRIA111
RADIODIAGNÓSTICO222
LABORATORIOS131
FARMACIA111
BANCO DE SANGUE111
REHABILITACIÓN000
ADMISIÓN010

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADE NON ASISTENCIAL

SERVICIO22-0808-1515-22

MANTEMENTO132
TELEFONISTAS111
PORT. E ORD.121
COCIÑA000
LAVANDERÍA083
ADMISIÓN121

SERVICIOMINIMOS

SECRETARIA DIRECCIÓN0
PERSOAL1
INFORMACIÓN E C. XESTIÓN0
XESTIÓN ECONÓMICA0
APROVISIONAMENTO1
PARQUE MOBIL0
U.A.P.1
SECRETARIA CLÍNICA0
ARCHIVO CLÍNICO1

HOSPITAL REBULLON

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.111
AGUDOSAUX.ENFERM.454
A.T.S.011
REHABILITACIÓNAUX.ENFERM.454
A.T.S.010
U. RESIDENCIALAUX.ENFERM.111
A.T.S.000
U. H. DOMI.AUX.ENFERM.111
A.T.S.010
U.S.M. CANGASAUX.ENFERM.000
A.T.S.010
U.S.M. LAVADORESAUX.ENFERM.000
A.T.S.010
U.S.M. COIAAUX.ENFERM.000
A.T.S.000
U.S.M. INFANTO-XUV.AUX.PSIQUIÁTRICO010
A.T.S.010
HOSPITAL DE DÍAAUX.ENFERM.010

HOSPITAL REBULLÓN

FACULTATIVOS OU PSICÓLOGOS

SERVICIO22-0808-1515-22

AGUDOS111
REHABILITACIÓN010
U.S.M. CANGAS010
U.S.M. LAVADORES010
U.S.M. COIA010
HOSPITAL DE DÍA010
U.S.M. INFANTO-XUV.010
URXENCIAS-AGUDOS000
UNIDADE SOMÁTICA000
URXENCIAS 24 HORAS000

UNIDADES NON ASISTENCIAIS

SERVICIO22-0808-1515-22

MANTEMENTO111
TELEFONISTAS111
PORT. E ORDENA.011
COCIÑA022
LAVANDERÍA043

SERVICIOMÍNIMOS

SECRETARIA DIRECCIÓN0
INFORMACIÓN E C. XESTIÓN0
XESTIÓN ECONÓMICA0
APROVISIONAMENTO0
LAVANDERÍA1
U.A.P.0
ADMISIÓN1

ANEXO II: desde as 22:00 do día 12/12/95 ás 22:00 do día 13/12/95

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.232
PEDIATRIAAUX.ENFERM.232
AX.SANITAR.010
A.T.S.000
PSIQUIATRÍAAUX.ENFERM.222
AX.SANITAR.011
A.T.S.244
URXENCIAS-UCEAUX.ENFERM.133
AX.SANITAR.344
A.T.S.222
U.C.I.AUX.ENFERM.122
AX.SANITAR.011
A.T.S.244
CIRURXÍA I E IIAUX.ENFERM.243
AX.SANITAR.022
A.T.S.242
TRAUMATOLOXÍAAUX.ENFERM.142
AX.SANITAR.021
A.T.S.232
CIRURXÍA III, ORI, OFTAUX.ENFERM.132
AX.SANITAR.010
A.T.S.232
UROLOXÍA, DERMA, DIXESTIVOAUX.ENFERM.132
AX.SANITAR.011
A.T.S.464
M. INTERNA I E IIAUX.ENFERM.364
AX.SANITAR.021

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.272
QUIRÓFANOS E ESTER.AUX.ENFERM.171
3 FUNCION ANTESAX.SANITAR.031
A.T.S.030
CONSULTAS EXTERNASAUX.ENFERM.060
AX.SANITAR.020
A.T.S.023
HEMODIALISEAUX.ENFERM.011
AX.SANITAR.000
A.T.S.010
FARMACIAAUX.ENFERM.031
AX.SANITAR.020
A.T.S.222
TOCOXINECOLOXÍAAUX.ENFERM.122
AX.SANITAR.011
MATRONAS111
A.T.S.050
LABORATORIOSAUX.ENFERM.020
AX.SANITAR.010
T.E.I.182
A.T.S.131
BANCO DE SANGUEAUX.ENFERM.000
AX.SANITAR.010
T.E.L.010
A.T.S.000
RADIODIAGNÓSTICOAUX.ENFERM.010
AX.SANITAR.031
T.E.R.141

HOSPITAL PROVINCIAL

FACULTATIVOS EN SERVICIOS MÍNIMOS

SERVICIO22-0808-1515-22

URXENCIAS262
UCI-REA-ANEST.343
CIRURXÍA232
TOCOXINECOLOXÍA222
TRAUMATOLOXÍA232
OFTALMOLOXÍA111
O.R.L.111
ESTOMATOLOXÍA000
UROLOXÍA111
MED. INTERNA252
DERMATOLOXÍA111
HEMODIALISE011
PEDIATRÍA121
PSIQUIATRÍA111
RADIODIAGNÓSTICO222
LABORATORIOS131
FARMACIA111
BANCO DE SANGUE111
REHABILITACIÓN000
ADMISIÓN010

HOSPITAL PROVINCIAL

UNIDADE NON ASISTENCIAL

SERVICIO22-0808-1515-22

MANTEMENTO132
TELEFONISTAS111
PORT. E ORDE.121
COCIÑA000
LAVANDERÍA083
ADMISIÓN121

SERVICIO MÍNIMOS

SECRETARIA DIRECCIÓN0
PERSOAL1
INFORMACIÓN E C. GESTIÓN0
XESTIÓN ECONÓMICA0
APROVISIONAMENTO1
PARQUE MÓBIL0
U.A.P.1
SECRETARIA CLÍNICA0
ARQUIVO CLÍNICO1

HOSPITAL REBULLÓN

UNIDADES DE COIDADOS

SERVICIOCATEGORÍA22-0808-1515-22

A.T.S.111
AGUDOSAUX.ENFERM.454
A.T.S.011
REHABILITACIÓNAUX.ENFERM.454
A.T.S.010
U. RESIDENCIALAUX.ENFERM.111
A.T.S.000
U. H. DOMI.AUX.ENFERM.111
A.T.S.010
U.S.M. CANGASAUX.ENFERM.000
A.T.S.010
U.S.M. LAVADORESAUX.ENFERM.000
A.T.S.010
U.S.M. COIAAUX.ENFERM.000
A.T.S.000
U.S.M. INFANTO-XUV.AUX.PSIQUIÁTRICO010
A.T.S.010
HOSPITAL DE DÍAAUX.ENFERM.010

HOSPITAL REBULLÓN

FACULTATIVOS OU PSICÓLOGOS

SERVICIO22-0808-1515-22

AGUDOS111
REHABILITACIÓN010
U.S.M. CANGAS010
U.S.M. LAVADORES010
U.S.M. COIA010
HOSPITAL DE DÍA010
U.S.M. INFANTO-XUV.010
URXENCIAS-AGUDOS000
UNIDADE SOMÁTICA000
URXENCIAS 24 HORAS000

UNIDADES NON ASISTENCIAIS

SERVICIO22-0808-1515-22

MANTEMENTO111
TELEFONISTAS111
PORT. E ORDENA.011
COCIÑA022
LAVANDERÍA043

SERVICIOMÍNIMOS

SECRETARIA DIRECCIÓN0
INFORMACIÓN E C. XESTIÓN0
XESTIÓN ECONÓMICA0
APROVISIONAMENTO0
LAVANDERÍA1
U.A.P.0
ADMISIÓN1