Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FISTERRA

EDICTO.

Co fin de lle dar cumprimento ó acordo adoptado pola comisión de goberno en sesión con data 23-11-1995, anúnciase licitación urxente por concurso con procedemento aberto, das seguintes obras, con suxeición ó prego de cláusulas administrativas que constan no expediente:

A) Reformas mercado municipal.

Tipo de licitación: 22.762.667 ptas.

Prazo de execución: seis meses (6).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 6, categoría C.

Fianza provisional: 455.253 ptas.

Fianza definitiva: 910.506 ptas.

B) Abastecemento e pavimentación r/ Real 2ª fase.

Tipo de licitación: 6.335.932 ptas.

Prazo de execución: catro meses (4).

Clasificación do contratista: ...

Fianza provisional: 126.718 ptas.

Fianza definitiva: 253.437 ptas.

C) Instalación iluminación pública núcleo urbano Fisterra, reemisores TV en monte Veladoiro e Padrís.

Tipo de licitación: 6.342.855 ptas.

Prazo de execución: tres meses (3).

Clasificación do contratista: ...

Fianza provisional: 126.857 ptas.

Fianza definitiva: 253.714 ptas.

D) Rede de sumidoiros no Montarón.

Tipo de licitación: 5.458.620 ptas.

Prazo de execución: catro meses (4).

Clasificación do contratista: ...

Fianza provisional: 109.172 ptas.

Fianza definitiva: 218.344 ptas.

Prego de cláusulas e proxectos: poderán ser examinados na secretaría da corporación, durante horas de oficina.

Proposicións: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día da publicación do anuncio no BOP axustada ó seguinte modelo.

Don/Dona .... con domicilio en .... rúa ... nº ... teléfono ... e DNI (ou pasaporte ou documento que o sustitúa) nº ... actuando en nome propio (ou en representación de ... con DNI ou CIF nº ... e teléfono ...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ... e para os efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de ... ptas., que significa unha baixa de ... ptas., en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

Sobre A).-Oferta económica: conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo antes indicado.

Sobre B).-Personalidade xurídica e xustificantes: conterá a documentación sinalada na cláusula 12.2.

Sobre C).-Referencias técnicas: conterá o sinalado na cláusula 12.3.

Apertura de plicas: o día seguinte hábil ó do remate da presentación de proposicións.

Fisterra, 23 de novembro de 1995.

Ernesto Insua Olveira

Alcalde-presidente

7695