Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO de modificación do edicto publicado no BOP 250, do 31 de outubro, 8475, e no DOG 211, do 3 de novembro, referente a convocatoria de concurso para a contratación do servicio de asistencia sanitaria ós funcionarios de carreira do Concello de Ferrol.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 23 do mes que corre, adoptou acordo referente á modificación do prego de cláusulas administrativas par

ticulares para a contratación do servicio de asistencia sanitaria ó persoal funcionario do Concello de Ferrol e ampliación do prazo concedido para presentar proposicións, e a parte dispositiva do acordo é como segue:

Primeiro.-Modifica-la cláusulas 9, apartado i), citada na parte expositiva, que quedará redactada como segue: i) Certificación ou copia autenticada dela, expedida polo Rexistro de Empresas Consultoras e de Servicios, acreditativa de que o licitador está clasificado no grupo III (Servicios), subgrupo 1º (Sanitarios) ou subgrupo 8º (Outros servicios) e categoría C (Contratos cunha anualidade media que excede de 25 millóns e non supera os cincuenta).

Segundo.-Ampliar, como consecuencia da modificación aprobada no acordo anterior, o prazo para presentar proposicións en oito días naturais contados a partir do seguinte á publicación do presente acordo no DOG.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo coa maior urxencia posible no BOP e no DOG, sometendo a información pública o prego de condicións modificado e que rexe a contratación que nos ocupa por un prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación no BOP; no suposto de que se presentasen reclamacións ó citado prego, serían resoltas de inmediato pola Alcaldía-presidencia por proposta da Comisión Informativa de Organización e Réxime Interno.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

8005