Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995 pola que se lles notifica ós titulares descoñecidos a aprobación do expediente expropiatorio para o parque empresarial de Bueu.

En virtude do establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícaselles ós titulares de bens e dereitos afectados pola expropiación con destino ó parque empresarial de Bueu, e que figuran no expediente como descoñecidos que, con data 10 de novembro do ano que corre, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda acordou a aprobación do expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta, dando así cumprimento ó disposto no artigo 219.7º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime de solo e ordenación urbana.

Para os efectos do previsto no artigo 219.7º do referido texto legal, confíreselles ós devanditos titulares un prazo de vinte días para manifesta-la súa conformidade ou non á valoración que figura no expediente e que a continuación se detalla:

PredioSuperficieValoración

29-C370 m249.277 ptas.

1351.418 m955.338 ptas.

141430 m289.700 ptas.

162500 m336.861 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo