Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995 pola que se cita ós interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación no expediente expropiatorio seguido para a execución do parque empresarial de Vilagarcía de Arousa.

O presente expediente de expropiación forzosa foi aprobado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 10 de novembro de 1995. De conformidade co establecido no artigo 220 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, a resolución do órgano autonómico implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Pagamento: de conformidade co disposto no artigo 222 da Lei 1/1991, do 26 de xuño, e artigos 205 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, o Instituto Galego da Vivenda e Solo sinalou a data do pagamento ou consignación, de selo caso, do prezo xusto, o cal terá lugar o día 20 de decembro de 1995, a partir das 10 horas.

O que se fai público para o xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se lles fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor na que conste que se emitiu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu lugar, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificación negativa ó rexistro da propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos, consonte o artigo 222 da Lei 1/1992, de 26 de xuño, e artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado por R.D.L. 3288/1978, do 25 de agosto. Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou

particular para este caso, e que deberá identificarse co DNI ou, en todo caso, polo coñecemento directo que testifiquen alcalde ou o secretario do concello.

Ocupación: de acordo co artigo 223 da Lei 1/1992, do 26 de xuño, e 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, para proceder ó levantamento das actas de ocupación, deberán asisti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI, o último recibo do imposto sobre bens inmobles, en caso de representación, ou poder suficiente, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o considera oportuno, dos seus peritos ou un notario.

En consecuencia, convócase os titulares dos ben e dereitos afectados polo expediente de referencia, para que comparezan co obxecto de proceder ó pagamento e ó levantamento das actas de ocupación dos predios afectados.

Lugar de pagamento e levantamento das actas de ocupación: Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, en presencia do representante da Administración, do alcalde e do secretario do concello.

Día 20 de decembro, ás 10 horas, os seguintes titulares:

PredioTitular

2Collazo Espiño, Manuel

6Hros. de J. Thomas Castelo

11Hros. de J. Thomas Castelo

12Alonso Quintáns, Miguel

13López Froján, Felisa

14Hros. de J. Thomas Castelo

17López Martínez, Mª del Carmen

19Torres Rodríguez, Manuel

20Torres Rodríguez, Manuel

23Hros. de J. Thomas Castelo

25Hros. Ramón Vilas

26Torres Lago, Luciano

32Hros. de J. Thomas Castelo

33Mosquera Sanmartín, M.

36Fernández Torres, José C.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo