Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.182

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., (MEDTEC), precisa adquirir unha base de datos médica coas seguintes especificacións:

-Aplicación en cirurxía cardíaca.

-Control de custos.

-Avaliación do estado de saúde/satisfacción do paciente.

-Conexión en rede para 5 usuarios.

Envío de ofertas ó apartado 178 de Santiago de Compostela, coa referencia BD/CV.

O prazo de presentación de ofertas será de sete días naturais a partir da data da publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras.

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica