Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto para a subministración dun sistema informático para cinco centros de saúde do Sergas.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Presupostos e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: subministración dun sistema informático para cinco centros de saúde do Sergas, nas cantidades sinaladas no prego de prescricións técnicas.

Orzamento total: cincuenta e seis millóns cincocentas noventa mil ptas. (56.590.000 ptas.) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: a totalidade do subministro.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de claúsulas administrativas, punto 2.2.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Recursos Económicos, Servicio de Xestión Económica; edificios administrativos San Caetano; teléfono 54 54 00, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 29 de decembro de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 8 de xaneiro de 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. D. Xeral de Recursos Económicos. Edificios administrativos. San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do día 19 de xaneiro de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional, 2% do orzamento de licitación: 1.131.800 ptas. Ver punto 9.2 apartado 9 do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referenciais ós textos que as regulann: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas, punto 11.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 16 de novembro de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

7901