Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras, declaradas de urxencia, de acondicionamento da antiga casa da inspección para instalacións provisionais do CEFOCOP en Santiago de Compostela.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Acondicionamento da antiga casa da inspección para instalacións provisionais do CEFOCOP en Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: 9.590.882 ptas. (nove millóns cincocentas noventa mil oitocentas oitenta e dúas pesetas).

Prazo de execución: 1 mes e medio.

Clasificación requirida: grupo C, categoría C.

Exposición de proxecto: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago, durante o prazo de presentación de proposicións. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se podrán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución neste Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da dita cualificación, a fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-7835