Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de procedemento aberto por concurso, a redacción dos proxectos, declarados de urxencia, de ampliación do IESP de Silleda (Pontevedra) e dous máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar,

polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción dos proxectos:

1.-Ampliación do IESP de Silleda (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: 10.296.000 ptas (dez millóns duascentas noventa e seis mil pesetas).

-Clasificación requirida: grupo II, subgrupo 4, categoría C.

-Prazo de execución: 4 meses.

2.-Ampliación do Instituto de Ensino Secundario de Foz (Lugo).

-Orzamento de licitación: 5.730.450 ptas (cinco millóns setecentas trinta mil catrocentas cincuenta pesetas).

-Clasificación requirida: grupo II, subgrupo 4, categoría C.

-Prazo de execución: 1 mes.

3.-Centro de educación infantil e primaria de 3+12 uds. en Gondomar (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: 5.605.875.- ptas (cinco millóns seiscentas cinco mil oitocentas setenta e cinco pesetas).

-Clasificación requirida: grupo II, subgrupo 4, categoría C.

-Prazo de execución: 1 mes.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de cláusulas técnicas estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 7.2 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no punto 7 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, a fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1995 .

P.D. (Orden 8-9-1994)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7899