Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995 pola que se anuncia a contratación dun servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, por razón de urxencia, convocado pola Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Obxecto do contrato: contratación dun servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, por razón de urxencia, convocado pola Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Prazo de execución: un ano, contado a partir do momento da sinatura do contrato.

Orzamento: 94.300.000 pesetas, IVE incluído.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.886.000 pesetas.

Fianza definitiva: 3.772.000 pesetas.

Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 26 días naturais, contados a partir do 29 de novembro, data na que se remite ó Diario Oficial das Comunidades Europeas para a súa publicación nel.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio, que se publica no Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG) correrá por conta do adxudicatario, que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-07623