Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.174

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/1993).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 298/1993, sobre reclamación de certa cantidade, no que é demandante o Banco Central Hispanoamericano, S.A., e demandado Dodro Fruit, S.L.,Georgino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez; cunha contía do asunto de 5.468.959 pesetas de principal, máis 3.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate ó demandado Dodro Fruit, S.L., Georgino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación poida oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido de que, de non efectualo, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volver citalo nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos

seguintes bens:

Propiedade de Georgino Otero Rodríguez:

1.-Vehículo Renault Express, C-3441-AJ.

2.-Casa destinada a vivenda unifamiliar, de planta de soto e planta alta. Ten a súa fronte ou fachada principal cara ó vento oeste. A planta de soto está actualmente destinada a garaxe e rocho, e ocupa unha superficie de cento corenta metros cadrados, e a planta alta está destinada a vivenda e ocupa unha superficie de cento corenta metros cadrados. Ten como anexo un terreo que a circunda, destinado a labradío e monte no sitio de Eira de Riba, que mide trinta e oito áreas e trinta centiáreas. Estrema o conxunto: norte e leste, camiño; sur, terreo excluído; e oeste, terreo excluído e María Ares Morales e outros.

Propiedade de José Manuel Otero Rodríguez:

1.-Vehículo furgoneta Pegaso, C-1221-AW.

2.-Rústica. Vivienda unifamiliar de planta baixa e piso, sita no predio número setecentos cincuenta e cinco do plano xeral de concentración parcelaria de San Xoán e de San Xulián de Laíño: prado, labradía e monte no sitio de Brañeira, municipio de Dodro, que mide trinta e oito áreas e seis centiáreas, indi

visible. Estrema norte camiño, sur José Manuel Mariño Reboiras, leste Peregrino Brañeiro Rey, e oeste Carmen Rodríguez Otero. O predio descrito está travesado de leste a oeste por unha canle de auga, como se sinala no plano xeral.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Georgino Otero Rodríguez, José Manuel Otero Rodríguez e Dodro Fruit, S.A., así como ás esposas dos demandados Joselin Thuilier e Dominique Portal, a estas últimas para os solos efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario; expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1993.

Rubricado

7946