Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.159

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 22 de novembro de 1995 pola que se modifica o regulamento particular da denominación de orixe Monterrei e do seu consello regulador.

Por Orde do 3 de decembro de 1992, modificada por outra do 2 de xuño de 1993, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación de orixe Monterrei para os viños producidos nesta comarca vitivinícola e nomeouse o seu consello regulador provisional.

O regulamento particular da denominación de orixe Monterrei aprobouse por orde desta consellería, do 25 de novembro de 1994.

No texto do citado regulamento, publicado como anexo da mencionada orde, advertíronse determinadas imprecisións, polo que, tralo informe da Secretaría Xeral do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e por proposta do consello regulador da denominación de orixe Monterrei, procédese a efectua-las modificacións de determinados artigos do anexo da Orde do 25 de novembro de 1994.

En consecuencia, e en virtude das facultades que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro,

reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícanse os artigos: 1, parágrafo 1º; 7.2; 31.2; e 47.5 do anexo da orde do 25 de novembro de 1994, pola que se aproba o regulamento da denominación de orixe Monterrei e do seu consello regulador, que quedan redactados nos seguintes termos:

Artigo 1º, parágrafo 1º:

«De acordo co disposto na Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da vide, do viño e dos alcois, e no seu regulamento, aprobado polo Decreto 835/72, do 23 de marzo, así como no Real decreto 157/1988, do 22 de febreiro, polo que se establece a normativa a que deben axustarse as denominacións de orixe e os seus respectivos regulamentos, e as disposicións establecidas pola Comunidade Económica Europea, para os viños de calidade producidos en rexións determinadas, quedan protexidos coa denominación de orixe Monterrei os viños que, reunindo as características definidas neste regulamento, cumpran na súa producción, elaboración e comercialización tódolos requisitos esixidos nel e na lexislación vixente que lles afecte».

Artigo 7º 2.

«A graduación alcohólica mínima potencial das partidas de uva será a seguinte:

10º para os viños brancos e tintos Monterrei.

10,5º para os viños brancos e tintos Monterrei superiores».

Artigo 31º 2.

«O presidente e o vicepresidente serán designados polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes por proposta dos vocais electos».

Artigo 47º 5.

«De acordo co artigo 39 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o consello regulador poderalles solicitar informes ás persoas que considere necesario».

Artigo 2º

Suprímese o punto 4 do artigo 44 do regulamento da denominación de orixe Monterrei.

Disposición derradeira

A modificación da Orde do 25 de novembro de 1994, aprobada pola presente orde, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

95-06882