Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 374/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de R.B.T. en Reigosa, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica los Molinos

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Reigosa, concello de Ponte-Caldelas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aérea, de 1.500 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 4.102.603 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7799