Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 353/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de centro de entronque e distribución en Taboadelo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica los Molinos, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Taboadelo, concello de Ponte-Caldelas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: Centro de entronque e distribución, cun transformador de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 35.765.687 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 3 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7800