Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se resolve o recurso ordinario número 1197/1993 interposto contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 25 de xaneiro de 1993, polo que se denegou a aprobación definitiva da modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

De conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como no Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana (artigos 124.1º e 131), publícase a resolución dictada polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 1995, pola que se resolve o recurso ordinario nº 1197/1993 interposto polo alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 25 de xaneiro de 1993, polo que se denegou a aprobación definitiva da modificación puntual nº 9 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, da que a súa parte dispositiva di:

«Admiti-lo recurso ordinario nº 1197/1993 interposto polo alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, con data 25 de xaneiro de 1993, polo que se denegou a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual nº 9 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vilagarcía de Arousa, que en consecuencia se revoga, e outórgase a aprobación definitiva do referido proxecto nos termos en que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Vilagarcía de Arousa en sesión plenaria celebrada o día 12 de agosto de 1992, agás no que atinxe á modificación da zonificación e ordenación pormenorizada dos terreos incluídos dentro do ámbito do PERI que lle corresponderá determinar ó propio plan especial.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación; lémbraselle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Os interesados poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, sita nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7665