Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., sita na rúa Juan Flórez, 43-baixo, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de José Miguel Goiri Llano, na súa calidade de representante de Viajes Marsáns, S.A., C.I.C.MA nº 18, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na Coruña, na r/ Juan Flórez, 43-baixo, da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Arlabán, 1.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude presentou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na Coruña, na r/ Juan Flórez, 43-baixo, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.L., sita en Madrid, na rúa Arlabán, 1, da que é representante José Miguel Goiri Llano, a apertura dun novo establecemento na Coruña, na r/ Juan Flórez, 43-baixo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

9507667