Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto, para a contratación do servicio de vixilancia dos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato do servicio de vixilancia dos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Obxecto: contratación do servicio de vixilancia dos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Orzamento e tipo: dez millóns cincocentas mil pesetas (10.500.000 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar cal

quera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partires do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

7597