De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato do servicio de limpeza do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.
Obxecto: contratación do servicio de limpeza do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.
Orzamento e tipo: quince millóns cincocentas mil pesetas (15.500.000 ptas.), impostos incluídos.
Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.
Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.
Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.
Apertura de proposicións: realizaraa mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación
de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.
Ana Gallego Castro
Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación
95-7847