Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación dunha máquina de sinterizado para os Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación dunha máquina de sinterizado para os Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

1.-Nome e enderezo do servicio que adxudica o contrato: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Telf.: (981) 54 11 01, fax (981) 59 04 67.

2.-Modalidade de adxudicación: concurso aberto.

3.-a) Lugar de entrega: Centros de Innovación e Servicios (CIS), A Cabana s/n, Ferrol (A Coruña).

b) Material que se vai subministrar: unha máquina de sinterizado.

c) Orzamento do contrato: 42.000.000 de ptas. (IVE incluído).

c) Licitación pola totalidade da subministración.

4.-Prazo de entrega: 45 días.

5.-a) Nome e enderezo do servicio no que poden solicitarse os documentos: Igape, véxase punto anterior.

b) Data límite para solicita-los documentos: 19 de decembro de 1995.

6.-a) Data límite de presentación de proposicións: ata as 14 horas do día 19 de decembro de 1995.

b) Enderezo ó que deben remitirse: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, no enderezo sinalado no punto 1.

c) Idiomas en que deben redactarse as ofertas: español.

7.-a) Persoas lexitimadas para acudir á apertura de ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura: ás 10 horas, o día 22 de decembro de 1995, no lugar sinalado no punto 1.

8.-a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 840.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 1.680.000 ptas.

9.-Forma de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

10.-Forma xurídica que debe adopta-la agrupación de empresas a quen, se é o caso, se adxudique o contrato: requisitos sinalados pola Ley 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11.-Non se esixe clasificación. As empresas deberán acredita-la súa solvencia económica, financeira e técnica polos seguintes medios:

a) Solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

b) Solvencia técnica do empresario:

-Relación das principais subministracións efectuadas nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

-Descrición de medios técnicos da empresa e indicación das unidades técnicas implicadas no contrato.

-Descricións detalladas dos productos que se van subministrar.

12.-Documentos que deben achega-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

13.-Prazo durante o que o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses.

14.-Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.

15.-Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

16.-Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27 de outubro de 1995.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego de Promoción Económica

7820