En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación dda sala de CAD dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.
1.-Nome e enderezo do servicio que adxudica o contrato: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/. Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, tel.: (981) 54 11 01, fax: (981) 59 04 67.
2.-Modalidade de adxudicación: concurso aberto.
3.-a) Lugar de entrega: Centros de Innovación e Servicios (CIS), A Cabana s/n, Ferrol (A Coruña).
b) Material que se vai suministrar: equipamento sala de CAD.
c) Orzamento do contrato: 38.000.000 ptas. (IVE incluído).
c) Licitación pola totalidade da subministración.
4.-Prazo de entrega: 45 días.
5.-a) Nome e enderezo do servicio no que poden solicitarse os documentos: Igape, véxase punto 1 anterior.
b) Data límite para solicita-los documentos: 19 de decembro de 1995.
6.-a) Data límite de presentación de solicitudes: ata as 14 horas do día 19 de decembro de 1995.
b) Enderezo ó que deben remitirse: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, no enderezo sinalado no punto 1.
c) Idiomas en que deben redactarse as ofertas: español.
7.-a) Persoas lexitimadas para acudir á apertura de ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura: ás 11 horas, o día 22 de decembro de 1995, no lugar sinalado no punto 1.
8.-a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 760.000 ptas.
b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 1.520.000 ptas.
9.-Forma de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.
10.-Forma xurídica que debe adopta-la agrupación de empresas a quen, se é o caso, se adxudique o contrato: requisitos sinalados pola Ley 13/1995, de contratos das administracións públicas.
11.-Non se esixe clasificación. As empresas deberán acredita-la súa solvencia económica, financeira e técnica polos seguintes medios:
a) Solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.
b) Solvencia técnica:
-Relación das principais subministracións efectuadas nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.
-Descrición de medios técnicos da empresa e indicación das unidades técnicas implicadas no contrato.
-Descricións detalladas dos productos que se van subministrar.
12.-Prazo durante o que o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses.
13.-Criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas do concurso.
14.-Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
15.-Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27 de outubro de 1995.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.
Casto Varela Gesto
Director xeral adxunto do Instituto Galego
de Promoción Económica
7812