Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.084

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 20 de outubro de 1995, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base IV.8 da Orde do 24 de setembro de 1994, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas (DOG nº 206, do 25-X-94), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión celebrada na data mencionada, faise público o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes para o próximo día 16 de decembro, sábado, ás 9,30 horas, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, de acordo á seguinte distribución:

Aula A.-De Agúndez Reigosa, María Isabel a Maceira Martínez, M. Concepción, ambas inclusive.

Aula B.-De Madrid García, Isabel Mª a Ramos Santiago, Mª José, ambas inclusive.

Aula C.-De Ramos Suárez, Mª Elvira a Zacarías Ponz, Mª Gracia, ambas inclusive.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta do tribunal

9507784