Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

BASES para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral.

1.-Obxecto e características. É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo, clasificada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, correspondente ó grupo D, en conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto.

2.-Requisitos dos aspirantes. Para seren admitidos nas probas, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos, sen exceder daquela idade en que falten menos de dez anos para a xubilación porzosa por idade. O exceso do límite máximo sinalado anteriormente non afectará para o ingreso no subgrupo dos funcionarios que viñesen pertencendo a outros, dito límite poderá compensarse cos servicios computados con anterioridade á Administración local, sempre que se cotizase a Seguridade Social.

c) Estar na posesión do título de ensino medio elemental ou graduado escolar ou similares. No suposto de invocar un título equivalente ós esixidos, haberá de xuntarse certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Non padecer enfirmidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

e) Non ter sido afastado por mor de expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso en causa de incapacidade específica.

e.-Instancias. As instancias polas que se toma parte na oposición, dirixiranse ó alcalde do concello de Ames, facendo constar que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda desta convocatoria e que se compromete, no caso de ser nomeado, a prestar o xuramento ou promesa establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

As instancias presentaranse no rexistro xeral do concello, das nove ás trece horas, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do estracto da convocatoria no BOE, sendo tamén admitidas as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez feita pública a convocatoria no BOP ou no DOG. Poderán tamén presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O importe dos dereitos de exame será de 2.500 ptas. que se ingresará na conta deste concello. O pagamento poderase facer tamén por medio de xiro postal ou telegráfico, debendo consignarse como remitente daquel o nome do aspirante. Á instancia deberá xuntarse o xustificante de ter aboados os mencionados dereitos.

No caso de que algunha das instancias tivese algún defecto, requirirase o interesado de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para que no prazo de dez días emende a falta ou aporte os documentos preceptivos, co apercibimento de que, no caso de non facelo, se arquivará a instancia sen máis trámites.

4.-Lista de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que se fará pública no BOP e será exposta no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, concedéndose un prazo de quince días para reclamacións. De existiren reclamacións, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública, así mesmo, na forma anteriormente indicada.

5.-Tribunal cualificador. O tribunal cualificador da oposición estará composto do seguinte xeito:

Presidente.-O alcalde-presidente da corporación ou concelleiro no que delegue.

Vocais.-Un representante da Comunidade Autónoma, nomeado na forma regulamentaria.

Un representante do profesorado oficial.

Un funcionario de carreira nomeado pola presidencia.

Secretario.-O da corporación ou funcionario no que delegue.

O nomeamento dos membros do tribunal suporá tamén o nomeamento do suplente e a súa composición farase pública no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O tribunal non poderá constituírse sen a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente; en todo caso, requirirase a asistencia do presidente e do secretario, ou daqueles que legalmente os substitúan.

6.-Comenzo e desenvolvemento das probas. O programa que rexerá será o que se insire coma anexo ás presentes bases.

Os exercicios da oposición non terán lugar antes dos dous meses seguintes á publicación do anuncio da presente convocatoria no BOP. O lugar, data e hora de comenzo da primeira proba farase público no BOP, e poderá sustituírse por citación persoal ós aspirantes; en tal caso deberá constar no expediente a xustificación de teren recibido a notificación. Os sucesivos exercicios anunciaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello; deberán transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte.

Tódolos exercicios da oposición serán practicados en chamamento único, agás casos de forza maior, debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

7.-Sistema selectivo. A selección dos aspirantes farase mediante o sistema de oposición libre, que constará de catro exercicios de carácter obrigatorio:

1º exercicio.-Consistirá nunha copia a máquina (non eléctrica) durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto. Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza, a exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito.

2º exercicio.-Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cincuenta preguntas, con respostas alternativas, referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria. Para superar este exercicio precisarase ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

3º exercicio.-Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema sinalado polo tribunal en relación coas materias comprendidas no programa anexo, aínda que non sexa a mesma denominación cá que figura no programa, valorándose a facultade de redacción, o nivel de formación, a composición gramatical e a claridade de expresión.

4º exercicio.-Tamén de carácter obrigatorio, consistirá na traducción dun texto, facilitado polo tribunal, do castelán para o galego, sen axuda do diccionario.

8.-Cualificación da oposición. Tódalas fases de selección serán eliminatorias; non poderán pasa-los aspirantes á seguinte fase sen supera-la anterior.

O tribunal procederá á cualificación por votación, e cada membro del poderá valorar de cero a dez puntos. A suma dos puntos outorgados polos membros do tribunal dividirase polo número destes e o cociente resultante será a puntuación obtida polo opositor en cada fase, sen que poidan ser aprobados os que non acaden unha media, como mínimo de cinco puntos. A suma da puntuación obtida nos tres exercicios será a puntuación total.

9.-Relación de aprobados e proposta do tribunal. Feita a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, que non poderá exceder

do número de prazas convocadas, que é dunha, e formulará proposta o alcalde como xefe superior de todo o persoal da corporación.

10.-Presentación de documentos. O aspirante aprobado polo tribunal, para ser nomeado, deberá presentar, dentro do prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación os seguintes documentos:

a) Copia compulsada do DNI.

b) Copia autenticada ou fotocopia compulsada do título de ensino medio elemental, graduado escolar ou similares.

c) Declaración xurada de non ter sido afastado, por mor de expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función, expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación da Administración pública da que dependa, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Se dentro do prazo indicado e agás causa de forza maior, apreciada libremente pola corporación, non presentase a súa documentación o aspirante proposto, non poderá ser nomeado, quedando anulada a actuación, sen prexuízo da responsabilidade na que puidese ter incorrido, por falsidade na instancia.

12.-Incidencias. O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos precisos para a boa orde da oposición en todo o non previsto nas bases.

13.-Base derradeira. A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Programa:

Tema 1.-Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.-A Corona. O poder lexislativo.

Tema 4.-O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 5.-O poder xudicial.

Tema 6.-Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. O seu significado.

Tema 7.-O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 8.-Concepto e regulación do procedemento administrativo. O seu comezo, ordenación, instrucción e remate. Referencia ós recursos administrativos.

Tema 9.-A responsabilidade da Administración.

Tema 10.-A Administración local. Entidades que comprende. Regulación actual.

Tema 11.-O municipio. O termo municipal: a poboación. O empadroamento.

Tema 12.-Réxime de funcionamento dos órganos colexiados locais. Sesiós e acordos.

Tema 13.-O personal ó servicio das corporacións locais. Clases. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime de incompatibilidades.

Tema 14.-Os bens das entidades locais. Réxime dos de dominio público e dos de dominio privado.

Tema 15.-Os contratos na Administración local. A selección do contratista.

Tema 16.-Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 17.-O orzamento das corporacións locais. Elaboración, aprobación e execución.

Tema 18.-O rexistro de documentos. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas corporacións locais. A presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas.

Tema 19.-O termo municipal de Ames. Situación xeográfica. División administrativa, eclesiástica e electoral.

Tema 20.-Ordenamento urbanístico de Ames. Clasificación do solo. Ordenanzas de edificación.

Ames, 2 de setembro de 1995.

José Astray Lorenzo

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273