Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia o concurso público por vía de urxencia para a contratación da obra de construcción dunha barreira contra o vento na fachada do Hospital do Meixoeiro.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994, (DOG do 3-10-1994), convoca o seguinte concurso público por vía de urxencia nº 9/1995 para a contratación da obra de construcción dunha barreira contra o vento na fachada do Hospital do Meixoeiro.

Obra: construcción dunha barreira contra o vento na fachada do Hospital do Meixoeiro.

Orzamento: 18.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 720.000 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Pregos de cláusulas: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro. Teléfono (986) 81 11 59.

Prazo de presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, no rexistro xeral do Hospital do Meixoeiro, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2. do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3. do prego de cláusulas administratrivas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rixe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro en Vigo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 13 de novembro de 1995.

José M. González Álvarez

Director xerente do Hospital do Meixoeiro

7593