Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a fabricación e subministración de alfombras para a decoración do salón de sesións e vestíbulo do Parlamento de Galicia.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento de Galicia en reunión celebrada o día 17 de outubro e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratacións das administracións públicas, esta presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio:

Obxecto do contrato: é a adxudicación da fabricación e subministración de dúas alfombras destinadas para a decoración e ornamentación do salón de sesións e vestíbulo principal do edificio do Parlamento de Galicia coas características contidas no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas publicada no BOPG número 350, do 4 de novembro.

Orzamento: o prezo máximo de licitación fíxase en 8.909.751 ptas. e 6.632.729 ptas. cada alfombra respectivamente.

Órgano de contratación: o contrato será adxudicado pola Mesa do Parlamento de Galicia con sede no Pazo do Parlamento de Galicia na cidade de Santiago de Compostela.

Procedemento e forma de adxudicación: dentro do procedemento aberto, a forma de adxudicación seleccionada é o concurso público.

Lugar e prazo de entrega: as alfombras instalaranse no salón de sesións na sede do Parlamento de Galicia e o prazo máximo para a súa entrega é o fixado polo empresario adxudicatario na súa proposición e empezará a contarse a partir do día seguinte ó da notificación do acordo da adxudicación do contrato.

Licitadores: poderán presenta-las súas ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen incursas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Presentación das ofertas: as ofertas redactaranse facendo referencia expresa ás características da subministración subliñadas no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas. As ofertas presentaranse en tres sobres pechados, lacrados e asinados nos que figure o nome da empresa ofertante e o concurso referenciado.

O primeiro sobre, marcado coa letra A, conterá a proposición económica na que se detallarán as esixencias contidas na cláusula quinta.

O segundo sobre, coa letra B, conterá a documentación que acredite a personalidade dos licitadores ou do seu representante legal, así como os demais documentos complementarios fixados na cláusula quinta.

O terceiro sobre, coa letra C, conterá os datos sobre a solvencia financeira, económica e técnica do propoñente.

Garantías: a fianza provisional fíxase no 2% do orzamento do contrato e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación e poderán constituírse en efectivo, en títulos de débeda pública ou en aval bancario, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, nos servicios económicos do Parlamento de Galicia.

Lugar e prazo de presentación das proposicións: presentaranse (conforme o artigo 79.2º da Lei de contratos das administracións públicas) no rexistro do Parlamento de Galicia dentro dos 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, entre as 9.30 horas e as 14 horas e entre as 16.30 e as 18.30 horas de luns a venres, e os sábados entre as 10 e as 13 horas.

Apertura de proposicións: o acto público de apertura do sobre A, que contén a proposición económica, farase ante a mesa de contratación o sexto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións ás 12 horas, na sede do Parlamento de Galicia.

Criterios para a adxudicación: son os relacionados na cláusula administrativa particular novena.

Publicación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas

publicáronse íntegros no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 350, do 4 de novembro e atópanse a disposición dos interesados no rexistro xeral do Parlamento de Galicia.

Para calquera información complementaria que se demande, poderán dirixirse ó Parlamento de Galicia a través de:

-Telefax: (981) 57 10 41.

-Teléfono: (981) 56 16 00, Ext. 253.

Réxime xurídico: ademais das normas contidas nos referidos pregos, observarase o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratación das administracións públicas e no regulamento xeral de contratación e do Decreto 2572/1973, do 5 de outubro no que non resulten contrarios a aquelas disposicións.

As cuestións litixiosas xurdidas durante a execución do contrato resolveranse vía administrativa ante a Mesa do Parlamento de Galicia e, se é o caso, en vía contencioso administrativa ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

95-7824