Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1995 pola que se convoca a contratación polo procedemento negociado, declarado de urxencia, número 38/1995 dos traballos de consultoría e asistencia que garanten o control de stocks de equipamentos dos centros do ensino xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convoca-la contratación polo procedemento negociado, declarado de urxencia, nº 38/1995 dos traballos de consultoría e asistencia que garantan o control dos stocks de equipamentos dos centros do ensino xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 7.1.1.10ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos, dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir da dita publicación, ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día contado a partir da finalización do prazo de proposicións.

7. Prazo de execución: será como máximo de 2 meses contados desde a notificación da adxudicación.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 6.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-7777