Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 306/1995, do 23 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de construcción do Hospital Comarcal do Salnés.

O Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), en sesión celebrada o día 16 de febreiro de 1995, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de construcción do Hospital Comarcal do Salnés e solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6 de xuño de 1995 baixo o número 5263.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 14 novembro 1995 baixo o número 10652.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a Conselleria de Sanidade e Servicios Sociais, con data 4-7-1995, «Os plans de investimentos da consellería para 1995 recollen un orzamento de 400.000.000 de ptas. para a construcción do Hospital Comarcal do Salnés. A xustificación da súa posta en marcha foi expresada no programa funcional e vén dada por factores sociodemográficos (a área de saúde do Salnés, creada polo Decreto 234/1992, do 19 de novembro, ten 67.666 habitantes e está densamente poboada: 434 hab./km.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de construcción do Hospital Comarcal do Salnés.

Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9506639