Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 17 de novembro de 1995 polo que se fai público o nomeamento de diversos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 16-11-1995.-Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Excmo. Sr. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.-Pazo de Xustiza.-Pza. de Galicia s/n 15071 -A Coruña-. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial, en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgá

nico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da orden ministerial do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento por acordo da Sala de Goberno de 15-11-1995:

-Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, José Manuel Silvosa Tallón.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Carballo, María Belén Rey Baamonde.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Corcubión, Óscar Méndez Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, María del Carmen Isasi Varela.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ortigueira, Alfredo Berini Couceiro.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Ribeira, María Violeta Reboredo Otero.

-Provincia de Lugo:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá, Ana Cadenas Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Viveiro, Dolores Rolle Insua.

-Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras, María Dolores Blanco Pereira.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Verín, Henrique Perianes Estévez.

-Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Cambados, Luisa Marina Barrio Calle.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o secretrio xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da súa notificación. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Asinado. Hai un carímbo de saída da Xerencia Territorial».

Deberán tomar posesión dentro dos vinte días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación no DOG.

A Coruña, 17 de novembro de 1995.

José-Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia