Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995 referente á convocatoria para prover por concurso-oposición libre, unha praza de asistente social.

No BOP da Coruña nº 236 do 14-10-1995, aparecen publicadas as bases da convocatoria para prover, por concurso-oposición libre, unha praza de asistente social incluída na oferta pública de emprego de 1995.

De acordo co establecido na base 5ª da dita convocatoria, as instancias, dirixidas ó alcalde, presentaranse no rexistro xeral, no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOE.

Padrón, 30 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7704