Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN 27 outubro 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 94/109.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1666/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contaos a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de contrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992,

do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que nos esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolucion será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 4/1989 de CEN

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigo

infrinxido

Cualificación da

infracción

Sanción

imposta

EN 94/109Patmore Rebollo, Augusto

50.850.778-O

Quejico 11, La Moraleja

Alcobendas (Madrid)

Circular fóra das pistas e itinerarios permitdos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ªLeve50.000 ptas.

95-07500