Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO de información pública de levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 276/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 206, do 26-10-1995) a urxente ocupación dos bens e dereitos

afectados que se indican na relación que se publicou no BOP de Lugo, do 23-3-1994, fáiselles saber a tódolos afectados, pola execución do proxecto de reelectrificación de Vilalvite e Vilar, concello de Lugo, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, que o representante da Administración dará comezo, sobre o terreo, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación publicada no BOP de Lugo do 23-3-1994, e expostas nos taboleiros oficiais das casas dos concellos e no desta delegación provincial de Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese ós interesados afectados, que recibirán unha notificación individual na que se lles sinalarán o día e a hora en que terá lugar o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito perante esta delegación ata o momento do dito levantamento, para os únicos efectos de rectificaren posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 2 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-07499