Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto e procedemento de urxencia, de dúas asistencias técnicas.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra en Vigo anuncia a contratación mediante concurso aberto, polo trámite de urxencia, das asistencia técnicas seguintes:

1ª) Título: contratación do servicio de vixilancia e seguridade do centro de menores Avelino Montero, sito na Avda. de Vigo, s/n, en Pontevedra.

Orzamento: 20.700.000 ptas.

Prazo de execución: un ano; desde o 1-1-1996 ó 31-12-1996, ambos inclusive.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

Fianzas esixidas: provisional: non se esixe.

Definitiva: (4%) 828.000 ptas.

2ª) Título: contratación do servicio de limpeza do centro de menores Avelino Montero, sito na Avda. de Vigo, s/n, en Pontevedra .

Orzamento : 3.400.000 ptas.

Prazo de execución: un ano; desde o 1-1-1996 ó 31-12-1996, ambos inclusive.

Fianzas esixidas: provisional: (2%) 68.000 ptas.; non se esixirá se o contratista acredita a clasificación correspondente.

Definitiva: (4%) 136.000 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e as prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores nas dependencias desta delegación provincial, Servicio de Administración e Contratacións, sitas na r/ María Berdiales, 20, entreplanta en Vigo.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en sobres pechados, segundo especifican os pregos de cláusulas administrativas particulares, no rexistro desta delegación provincial, ben persoalmente ou na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias desta delegación provincial a partir das 10 horas do quinto día natural seguinte ó do prazo de admisión de ofertas; pasará ó luns se este coincide en sábado.

Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso será por conta dos respectivos adxudicatarios.

Vigo, 8 de novembro de 1995.

Sagrario Franco Malvar

Delegada provincial de Pontevedra

7333