Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a contratación de consultoría e asistencia para o traslado de vinteún (21) viveiros fluctuantes do polígono «B» de Sada.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación de consultoría e asistencia para o traslado de vinteún (21) viveiros fluctuantes do polígono

«B» de Sada polo procedemento aberto por concurso, con un orzamento máximo dun millón catrocentas vinteoito mil pesetas (1.428.000 ptas.).

Prazo de execución: quince (15) días.

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, en días e horas de oficina nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5 2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral desta consellería, así como nos rexistros das súas delegacións territoriais. O prazo de admisión finalizará ás catorce (14) horas do primeiro día hábil no que se cumpran vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce (14) horas do seguinte día hábil. En caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, no que se comunique a presentación da oferta.

A apertura de proposicións terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas ás dez (10) horas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo, que se pasará ó primeiro día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

7689