Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a subministración de butacas para o salón de actos da E.U. Politécnica de Ferrol.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministros por concurso público poderá retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: catorce millóns duascentas mil pesetas (14.200.000 ptas.).
Garantía provisional: duascentas oitenta e catro mil pesetas (284.000 ptas.).
A Coruña, 13 de novembro de 1995.
P.D. (R. 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente da Universidade da Coruña
7646