Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, para a contratación dos servicios de cafetería-comedor para o campus de Esteiro. Ferrol. (Expediente número 4071/1995).

Convócase concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de cafetería-comedor para o campus de Esteiro. Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación dos servicios de cafetería-comedor por concurso pódense retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Importe canon: 1.000.000 de ptas.

Garantía definitiva: 500.000 ptas.

A Coruña, 13 de novembro de 1995.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

7645