Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a urxente ocupación de bens e dereitos para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3932 A.T.).

Polo Decreto 275/1995, do 13 de outubro, da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 206 do 26 de outubro de 1995, concedéronselle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., os beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto incluído no Plan MEGA, que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía eléctrica co alcance do Art. 4 da Lei 10/1966, do 18 de marzo.

Seguindo os trámites regulamentados no Art. 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, faise saber que transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se practican a cada un dos interesados, procederase polo representante da Administración a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose acompañar, se así o consideran conveniente, e pola súa conta, dos seus peritos e un notario.

A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas nas que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.

A instalación comprendida no expresado decreto da Xunta de Galicia e a seguinte:

Decreto 275/1995.-Liña eléctrica aérea a 15 kV, de 385 metros de lonxitude, en conductor LA 56, derivada desde a liña o C.T. aéreo de Vilamartín de Valdeorras e con final no C.T. en caseta existente en Vilamartín de Valdeorras.

Ourense, 2 de novembro de 1995.

Alfredo Cacharo Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-7495