Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 155-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. do C.T. Baltar.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.844 m de lonxitude, en seccións de 95, 50 y 25 mm Al, con orixe no C.T. Baltar e discorrendo polos lugares de Baltar Granxa e Ponte Barbanza. Concello de A Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7462