Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento para as salas de formación dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación de equipamento para as salas de formación dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: (981) 54 11 01, Fax: (981) 59 04 67.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento para as salas de formación, oficinas e salón de actos dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol.

Lote 1:

1. Catro auriculares para cabinas de traducción simultánea.

2. Seis conxuntos de 50 pares de esponxiñas para auriculares.

3. Dous proxectores de diapositivas.

4. Un retroproxector de alta luminosidade para proxección de transparencias.

5. Un transvideo, que realice paso de diapositivas o sinal de video.

6. Un videopresentador de corpos opacos.

7. Dúas pantallas de proxección murais.

8. Tres pantallas de proxección portátiles.

9. Dúas unidades de delegado para sistema de debate tipo CCS-400.

10. Dous punteiros láser de diodos de 13 m.

11. Un video para as salas de formación.

12. Un reproductor de CDI para salas de proxección cos seus accesorios correspondentes.

13. Catro focos de infravermellos.

14. Un videoproxector portátil.

Lote 2:

Unha fotocopiadora en color.

Os licitadores poderán presentar propostas para un dos lotes ou para os dous, deberán indicar no sobre o lote o que concursa.

4. Orzamento máximo de licitación:

Lote 1: 5.400.000 ptas. (IVE incluído).

Lote 2: 2.300.000 ptas. (IVE incluído).

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de claúsulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela (A Coruña), así como nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

6. Data límite de recepción de ofertas: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

7. Presentación de proposicións: en sobre pechado no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado, indicando o lote ó que se concursa.

8. Apertura de proposicións: en acto público ás 10 horas o cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9.a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación por cada lote.

b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación por cada lote.

10. Documentos que deben achega-los licitadores: os indicados no prego de claúsulas administrativas particulares.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Medios de xustificación da solvencia económica e financeira: declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

13. Medios de xustificación da solvencia técnica do empresario:

-Relación das principais subministracións efectuadas nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

-Descrición de medios técnicos da empresa e indicación das unidades técnicas implicadas no contrato.

14. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de claúsulas administrativas do concurso.

15. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego de Promoción Económica

95-7321